luns, 19 de xaneiro de 2015
Hamburguesas de avea e soia
Ingredientes
(para 4 hamburguesas)
50 gr de soia texturizada fina
2 tomates secos (deshidratados)
150 ml de auga
50 gr de copos de avea
1 culler sopeira de tomate frito
1 dente de allo
50 gr de cebola
un chisco de sal marina
3 culleradas sopeiras de aceite de oliva
1/2 culler de café de fume líquido
Elaboración
1) Quentar a auga cos tomates dentro. Cando comece a ferver, apagar o lume e deixar repousar de 5 a 10 minutos.
2) Retirar os tomates e verter na auga aínda quente a soia. Agardar a que a soia absorba toda a auga.
3) Agregar os copos de avea, o tomate frito, o allo e cebola (picados moi finos) e o sal. Amasar ata formar unha bola moldeable.
4) Repartir a masa en catro montóns e darlle forma de hamburguesa coas mans.
5) Mesturar o fume co aceite e pincelar con esta mestura as dúas caras de cada hamburguesa.
6) Pasar pola prancha ou pola sartén ata que a superficie estea douradiña.
Notas
Eu non tiña fume líquido así que usei fume en pó e queda ben. Mellor é en líquido pero pódese apañar un co fume en pó. Dalle un toque afumado moi rico.
O pan da hamburguesa fíxeno con esta receita.
A hamburguesa acompáñoa con tomate, leituga, unha loncha de queixo, pepinillos e ocasionalmente maionesa ou ketchup.
Esta hamburguesa queda moi rica, sacia moito e queda máis consistente que outras das que teño feito con avea. Moi recomendable.
Fonte
Receita orixinal: Vegetal y tal
P.D. Tentei facer uns chips de cenoria ao forno para acompañar pero foi un auténtico fracaso. :) Quedaron brandos e paseime co sal vinte pobos.
Etiquetas:
avea,
hamburguesa,
leituga,
Platos principais,
queixo,
soia,
tomate

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por deixar o teu comentario.
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.