domingo, 11 de xaneiro de 2015

Arroz tres delicias vegano




Ingredientes

1 taza de arroz basmati (200 gr)
1/2 taza de maices cocidos (80 gr)
1/2 taza de guisantes cocidos (80 gr)
1 ou 2 culleres sopeiras de aceite de oliva
2 dentes de allo
1/2 cebola
1 cenoria
2 culleres sopeiras de salsa de soia


Elaboración

1)  Cocer o arroz e deixalo arrefriar. O ideal é cociñalo o día anterior ao da elaboración do prato.

2) No wok ou na tixola, engadir aceite e cociñar a lume medio-alto os dentes de allo, a cebola e a cenoria moi picadiños. Manter no lume durante un par de minutos. 

3) Engadir os guisantes e o máiz e deixar outro par de minutos.

4) Incorporar o arroz, a salsa de soia e cociñar durante 3 minutos ou ata que o arroz estea qeunte.


Notas

Ollo coa salsa de soia. Se é moi forte usar só unha cullerada sopeira e probar para ver se precisa máis cantidade.

Para que quede ben, a cenoria ten que estar cortada en cubiños moi moi pequenos. Senón non queda tan rico.


Fonte

Receita orixinal: Danza de Fogones




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.