venres, 11 de abril de 2014

Pizza con base de coliflor




Ingredientes

160 gr de coliflor crúa
50 gr de queixo relado (ovella, mozzarella, etc.)
1 ovo
1 dente de allo
un chisco de sal
Pementa
Curry
Albahaca
Ourego
1 culler sopeira de aceite de oliva


Elaboración

1) Poñer o forno a quencer a 180 graos.

2) Poñer a coliflor xunto co queixo relado e o allo no vaso. Picar 10 segundos, velocidade 5.

3) Incorporar o aceite, as especias, o ovo, o sal e a pementa e mesturar 30 segundos en velocidade 4.

4) Verter a mestura sobre papel de forno e estirala en forma de pizza.

5) Meter a pizza no forno durante 30 minutos na bandexa máis baixa. Cando queden 10 minutos, subila para que se toste un pouco máis.

6) Decorar por riba como se fose unha pizza normal: rodaxas de tomate, espinacas, queixo, aceitunas, etc.


Notas

Tamén se pode facer con coliflor cocida pero queda menos cruxinte. 
Prestar atención a non facela moi fina polos bordes porque senón queimanse.
O ovo pódese omitir e queda igualmente ben. 


Fonte

Receita orixinal: Blog dieta con Thermomix



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.