sábado, 12 de abril de 2014

Chips de col rizada ou "Kale chips"


Ingredientes

Col rizada
Aceite de oliva
Sal
Especias ao gusto (curry, pementa picante, allo en pó...)


Elaboración

1) Lavar e secar moi ben a col.

2) Cortala en cachiños pequenos desbotando o talo gordo do medio.

3) Untar as mans de aceite e impregnar ben todas as follas de col co aceite.

4) Espolvorexar con sal ao gusto. Neste punto se se queren engadir especias, espolvorexalas tamén.

5) Meter ao forno prequencido a 200 graos durante 3-4 minutos.


Notas

Quedan uns chips moi cruxintes e sabrosos. No forno hai que ter moito coidado de que non se tosten demasiado e se queimen.

Ás veces con 2 minutos é suficiente (depende da temperatura do forno)

Pódese facer con outro tipo de verduras como as espinacas.


Fonte 

Receita orixinal: mestura de recitas de varios blogs e experimentación propia



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.