luns, 21 de abril de 2014

Fabas con calabacín




Ingredientes
(para 2 persoas)

1 bote de fabas en conserva
1/2 calabacín
1 cebolleta
1 porro
2 culleres sopeiras de salsa de tomate
auga
4 culleres sopeiras de aceite de oliva
sal


Elaboración

1) Pelar e picar a cebolleta en dados. Limpar o porro e cortalo en aros finos e cortar o calabacín pola metade e despois en medias lúas.

2) Nunha tixola, quentar as 4 culleradas de aceite e agregar todas as verduras.

3) Tapar a tixola e deixar cociñar a lume medio durante 8 minutos.

4) Engadir o bote de fabas (escoadas), a salsa de tomate e un chisco de sal.  Mesturar todo suavemente e servir.


Notas

Tamén se pode facer con fabas frescas. Nese caso, hai que poñelas a remollo a noite anterior e cocelas previamente.


Fonte

Receita orixinal: Carlos Arguiñano




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.