domingo, 16 de marzo de 2014

Alcachofas estilo Ingrid




Ingredientes

Alcachofas frescas
Zume de limón

Aceite de oliva
Sal


Elaboración

1) Cortarlles só o rabo ás alcachofas.

2) Cocer as alcachofas enteiras na ola express as alcachofas (contar 5 minutos na posición 2 dende que suba o pitorro)

3) Escoar as alcachofas e abrilas como unha flor (como se ve na imaxe)

4) Regar cun fio de aceite de oliva e unhas pingas de zume de limón.

5) Espolovorexar cunhas areas de sal ao gusto.


Notas

Que cousa tan sinxela e que ricas están. Están igual de boas requentadas no microondas ao día seguinte.

As "escamas" non se comen. Só se "chupetea" a parte de dentro que está máis branda.


Fonte

Receita orixinal: transmitida oralmente por Ingrid, quen ten unha preciosa casa rural que recomendo visitar: Ultreia Rural


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.