domingo, 9 de febreiro de 2014
Scones de arandos e panela
Ingredientes
3 tazas de fariña normal ou integral
2 e 1/2 culleres de postre de levadura en pó
1/2 culler de postre de bicarbonato de sodio
1/2 culler de postre de sal fina
1/4 culler de postre de nuez moscada en pó
3/4 taza de margarina ben dura ou aceite conxelado
3/4 taza de leite vexetal (soia, avea, etc.)
1 culler de postre de sustituto de ovo (pode ser no egg). Se non, tamén se pode reemplazar por unha culler sopeira de maicena.
3 culleres sopeiras de panela (ou azucre integral)
1 taza de arandos frescos ou conxelados
1/4 taza de leite vexetal para pintar os scones antes de metelos no forno
azucar glas para espolvorexar
Elaboración
1) Nun bol mesturar a fariña coa levadura en pó, o bicarbonato, o sal e a noz moscada.
2) Noutro bol, mesturar o leite vexetal, co sustituto do ovo no-egg e as tres culleres sopeiras de panela. Mesturar todo ben ata que faga un pouco de espuma.
3) Incorporar os ingredientes líquidos sobre os sólidos e agregarlle os arandos.
4) Mesturar con coidado ata formar una masa.
5) Volcar a masa sobre a superficie de traballo e amasar outro pouco.
6) Estirar a masa ata que quede cun grosor de 2 cm.
7) Cun cortapastas en forma de círculo, cortar a masa e colocar os scones sobre papel de forno nunha bandexa. Pintalos por riba con leite vexetal.
8) Meter ao forno prequencido a 200º durante 15 - 18 minutos, ata que a superficie estea dourada.
Notas
Pódense rechear con nata de soia ou de coco, un pouco de queixo fresco, ou comelos a pelo cun té ou algo para mollar.
Fonte
Receita orixinal: La dimensión vegana
Etiquetas:
arandos,
bicarbonato,
fariña,
leite de soia,
levadura,
margarina vexetal,
no-egg,
panela,
Postres,
scones

2 comentarios:
Pódese empregar leite de vaca ?
Pois seguramente que si, pero con leite de vaca xa hai cenmil receitas. O caso aqui é tratar de que use o menor número de produtos animais posible por eles e tamén por saúde para que leve menos colesterol, por exemplo.
Publicar un comentario
Gracias por deixar o teu comentario.
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.