xoves, 19 de decembro de 2013

Patacas cajún



Ingredientes

Patacas novas con pel
Aceite de oliva
5 culleres de postre de pimentón doce
4 culleres de postre de cebola en pó
4 culleres de postre de allo en pó
2 culleres de postre de ourego
2 culleres de postre de albahaca
1 culler de postre de tomiño
1 culler de postre de pementa branca
1 culler de postre de pementa negra
1/2 culler de postre de pementón picante
1/2 culler de postre de comino


Elaboración

1) Lavar as patacas con pel e cortar en cuartos (en gajos).

2) Poñer as patacas nun bol grande e engadirlle todas as especias. Regar co aceite e remexer ben todo para que as patacas queden ben impregnadas.

3) Colocar as patacas nunha bandexa de forno forrada con papel vexetal e metelas ao forno prequencido a 220º durante 35 ou 40 minutos. Antes de retiralas do forno, comprobar que están tenras.


Notas

Non fai falla botar sal porque coas especias xa queda ben saboroso.

Para que non se fagan moi pesadas é mellor acompañalas cun iogur de beber ou cunha salsa de iogur feita con iogur, zume de limón e sal.


Fonte

Receita orixinal: Isasaweis


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.