venres, 13 de decembro de 2013

Lasaña de coliflor e cenorias




Ingredientes

Placas de lasaña
1 coliflor mediana
5 cenorias grandes
1 cebola grande
4 porros medianos
4 dentes de allo
6 culleradas de pasas sultanas (opcional)
½ vaso de viño branco
100 gr de queixo para gratinar
1 culleriña de pementón doce
1 pizca de pementón picante
1 cucharada de comino
1 cucharada de pementa negra
Aceite e sal ao gusto


Elaboración

1) Cortar a coliflor e a cenoria e poñer a cocer ao vapor.

2) Picar os allos, os porros e a cebola e freilos na tixola. Cando leven un anaco incorporar as pasas.

3) Incorporar á tixola a coliflor e a cenoria e verter o viño. Deixar uns minutos ata que se evapore o alcohol.

4) Mesturar co pementón doce e picante, a pementa negra e o sal.

5) Facer unha bechamel e montar a lasaña espolvorexando con queixo a última capa. Meter no forno a gratinar.


Notas

As pasas son totalmente optativas.

Os porros podense reemplazar por acelgas frescas.


Fonte

Non lembro de onde a collín. Xa estaba no meu recetario de papel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.