luns, 4 de novembro de 2013

Plum cake salgado






Ingredientes

150 grs guisantes
100 grs tomates secos
100 grs de queixo emmental
1 iogur natural
3/4 de vaso de aceite de oliva
4 ovos
200 grs de fariña
50 grs azucre moreno
1 sobre de levadura royal
sal e pementa ao gusto



Elaboración

1) Prequencer o forno a 190 graos. 

2) Mesturar nun bol grande o azucre e o iogur.

3) Engadir os ovos de un en un. (non engadir un ata que estea ben mesturado o anterior.).

4) Engadir a fariña tamizada coa levadura. Traballar ben. Engadir o aceite en forma de fío ata obter unha pasta suave e homoxénea.

5) Cortar os tomates secos e o queixo en anaquiños, enfariñar e engadir á masa xunto cos guisantes.

6) Mesturar e salpementar.

7) Untar ou forrar un molde de cake e verquer o preparado.

8) Cocer durante 40 minutos.


Notas

Os tomates secos podense substituír por pementos do piquillo.


Fonte

Receita orixinal: nin idea. Pasouma miña nai.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.