mércores, 6 de novembro de 2013

Crema de cenoria e coco




Ingredientes

1 culler sopeira de aceite de oliva
3 chalotas (ou no seu defecto unha cebola mediana)
1 dente de allo
400 gr de cenoria
1 anaco de xenxibre fresco como o polgar, ou xexibre en pó
350 ml de caldo de verduras
200 ml de leite de coco

Pementa e sal ao gusto


Elaboración

1) Pelar e relar a cenroia e o xenxibre. Botar nunha pota, salpimentar ao gusto e deixar pochar removendo de cando en cando durante 10 minutos.

2) Cando se vexa branda a cenoria, incorporar o caldo de verduras e o leite de coco. Remover e deixar cocer a lume suave durante 5 minutos.

3) Apartar do lume e triturar ben coa batedora de man. Corrixir de sal, se procede, volver a quentar e servir. 


Notas

Pódeselle botar un pouco de cebolín por riba. 


Fonte

Receita orixinal: Vegetal y tal.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.