martes, 13 de agosto de 2013

Fabas con cabaza e pera



Ingredientes

800 gr de fabas cocidas (de bote)
400 gr de cabaza pelada
300 gr de peras de auga maduras (unhas 4 peras)
100 gr de cebola sofritida
100 gr de tomate frito
2 culleres sopeiras de pementón doce e sal


Elaboración

1) Sofreír a cebola coa cabaza, pasado un rato engadir o pementón e o tomate frito.

2) Despois engadir a pera sen pel e cortada en anacos e as fabas.

3) Cubrir con auga e engadir sal. Cocer a lume baixo 10 minutos.


Notas

Este prato está moi bo de un día para outro porque colle moito máis sabor. Quédalle moi ben o pementón afumado de la Vera.

A pera que máis me gusta para este prato é a de pel de sapo.


Fonte

Receita orixinal: Vegetal y Tal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.