mércores, 19 de xuño de 2013

Berenxenas á parmesana


Ingredientes

70 g de aceite de oliva
800 g de tomate natural triturado
1 culler de postre de azucre
1 culler de café de sal
½ culler sopeira de ourego
1 pouco de albahaca picada (uns 20 gramos)
3 berenxenas cortadas en toros
100 g de queixo parmesano relado
150 g de mozarela de búfala



Elaboración

1) Lavar e cortar as berenxenas en toros de medio centímetro e colocalas verticalmente no varoma.

2) Poñer no vaso o aceite, o tomate, o azucre, o sal, o ourego e a albahaca. Programar 30 minutos, temperatura varoma, velocidade 1. Colocar o bol do varoma na súa posición.

3) Quencer o forno a 200 graos.

4) Nunha fonte de forno colocar unha capa de berenxenas e cubrir con parmesano relado e a mozarela a cachos. Por riba poñer un pouco da salsa de tomate. Repetir a operación e rematar cunha capa de berenxenas cuberta cos queixos

5) Meter no forno durante 15 minutos e gratinar un pouco a superficie.Servir inmediatamente.


Notas

Plato contundente. O resultado con albahaca de bote non é tan rico como con albahaca fresca.


Fonte

Receita orixinal: Velocidad cuchara

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.