xoves, 28 de maio de 2015
Xeado de plátano
Esta receita é simplemente espectacular. En serio. Parece unha auténtica chorrada porque só leva plátano, pero o efecto que produce batelo a gran velocidade produce un xeado de gran textura e moi cremoso.
En serio, probádeo porque vos vai sorprender e máis sano non se pode: nade de azucre, nada de nata, nada de lácteos, nada de nada, só plátano.
Coma sempre, recomendo que vos pasedes polo blog de Danza de Fogones qué ten unhas fotos preciosas desta receita.
Dende logo na miña mesa non vai faltar este xeado este verán.
Ingredientes
6 plátanos maduros
Elaboración
1) Cortar o plátano en toros pequenos e metelos nun recipiente ou bolsa dentro do conxelador.
2) Deixar no conxelador polo menos unha noite.
3) Sacar do conxelador e poñer no vaso da Thermomix. Dar 3 golpes de turbo e despois bater a velocidade progresiva 5-10. Leva aproximadamente 1 minuto que colla a textura de xeado de tarrina. Ao principio
4) Facer bolas e servir co que máis che guste por riba: caramelo, sirope de choco, sirope de ágave normal ou de fresa, noces, etc.
Notas
Nada que agregar. Simplemente sorprendente que uns simples plátanos podan chegar a ter unha textura tan similar a un xeado convencional.
Para min está perfecto recén feito. Se unha vez feito o metes no conxelador, para o meu gusto xa perde un pouco. Non probei a pasalo pola máquina de facer xeados.
Fonte
Receita orixinal: Danza de fogones

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por deixar o teu comentario.
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.