venres, 20 de marzo de 2015

Salteado de quinoa con verduras









Ingredientes

2 allos1/2repolo
1/2 cebolleta
30 gr de chourizo vegano (opcional)
15 gr de queixo vexetal (opcional)
2 ovos
1 e 1/2 taza de quinoa cocida
1 culler sopeira de salsa de soia

Unhas poucas aceitunas verdes (10 ou así)
10 tomates cherry
Aceite de oliva



Elaboración

1) Nunha tixola poñer dúas culleres sopeiras de aceite e fritir durante 7 minutos o allo picado coa cebolleta picada fina e o repolo branco picado tamén fino.

2) Se se usa, engadir o chourizo vegano picado en anacos e saltear 1 minuto.

3) Bater os dous ovos e volcalos por riba do que temos na tixola. Remover para que vaia callando e formando grumiños como se fose un revolto.

4) Incorporar a quinoa xa cocida, agregar a salsa de soia e saltear todo xunto durante 5 minutos.

5) Retirar a tixola do lume, e engadir o tomate cortado en cuartos, o queixo picado en dados pequenos e as aceitunas enteiras. Remexer e servir. 



Notas

A quinoa pódese ter codida do día anterior.

Se non se ten chourizo vegano ou queixo vexetal non pasa nada, queda ben igual.



Fonte

Receita orixinal: inpiración propia :)



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.