domingo, 15 de marzo de 2015

Regañás




Ingredientes

400 gr de fariña de trigo
75 gr de auga
50 gr de viño branco
1 culler de postre rasa de sal
100 gr de aceite de oliva virxe
1 culler de postre de sementes de sésamo


Elaboración

1) Prequencer o forno a 180 graos.

2) Poñer no vaso da Thermomix todos os ingredientes e amasar durante 2 minutos, vaso pechado, velocidade espiga.

3) Retirar a masa do vaso e amasala lixeiramente coas mans sobre unha superficie enfariñada.

4) Dividir a masa en dous. Coller un dos anacos e cun rolo estiralo o máis finiño que se poda.

5) Forrar unha bandexa con papel de forno e colocar nela a masa estirada. Cortar en anacos  de 5 x 10 cm ou do tamaño que máis se che axeite.

6) Meter no forno durante 25 a 30 minutos, ata que estean douradas.


Notas

Son un snack salgado que se usa para acompañar cremas ou salsas de mollar; por exemplo para mollar no hummus.

Pódenselle engadir outras sementes, como liño dourado.

Son un vicio.


Fonte

Receita orixinal: Recetario de Thermomix



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.