mércores, 4 de febreiro de 2015

Orellas de entroido


Thermomix

Ingredientes

100 gr de leite enteira
2 ovos
30 gr de manteiga a temperatura ambiente
1 culler de postre de levadura Royal
Reladura dun limón
100 gr de anís
400 gr de fariña de forza
Azucre glas ou normal
Aceite de xirasol para freír

Elaboración 

1)  Cortar a pel do limón sen parte branca e triturar durante 30 segundos en velocidade progresiva.

2) Agregar o leite, os ovos, a manteiga e a levadura e programar 1 minuto en velocidade 2.

3) Engadir o resto de ingredientes e amasar durante 1 minuto en velocidade espiga. Retirar e cubrir a masa para deixala repousar durante 1 hora.

4) Pasado o tempo de levado, estirar a masa sobre unha superficie enfariñada e facela o máis fina posible. Cortala en forma de rombo para darlle forma de orella.

5) Preparar unha tixola con abundante axeite de xirasol e freir as orellas. Retiralas e escoalas sobre papel absorbente e espolvorexar con azucre mesturado con canela.


Notas

A miña presentadora de Thermomix ten outra receita pero esa aínda non a probei: orellas de Luisa

Pódense facer máis grosas que tamén quedan ben.

Resisten moi ben dun día para outro. Quedan igualmente cruxintes.

Para facer dobre cantidade simplemente dobrar ingredientes e saen perfectas igualmente.




Fonte

Receita orixinal:  Velocidad Cuchara



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.