venres, 20 de febreiro de 2015
Bocadillo de viaxe
Ingredientes
Queixo en lonchas (un par de lonchas)
Tomate (1)
Mezclum (rúcula, mizuna, leituga mostaza) (catro un cinco follas)
Mazá (1/4)
Levadura de cervexa (unha culler de postre)
Pipas de cabaza e de xirasol (unha culler sopeira)
Pementos do piquillo (1 ou 2)
Pan de barra para bocata
Elaboración
1) Abrir o pan e colocar nun lado as lonchas de queixo.
2) Sobre as lonchas de queixo poner o tomate cortado en rodas.
3) Sobre o tomate espolvorexar un pouco de levadura de cervexa.
4) Cubrir con mezclum (ou leituga se non temos outra cousa).
5) Sobre o mezclum colocar anacos de mazá moi finamente cortados (que sexan case transparentes) e espolvorexar coas pipas de cabaza e xirasol.
6) Cortar os pementos do piquillo en anacos moi miúdos e colocar uns cantos anacos na última capa do bocata.
7) Pechar o bocata e a comer.
Notas
Este bocata faigoo ás veces cando vou de viaxe e como non me gusta nada levar plásticos, lévoo no meu "BocandRoll". É un pequeno pano plastificado que sirve para envolver o bocata (en lugar de usar papel de aluminio) ao tempo que fai as veces de mantel. É moi práctico para cando se vai de viaxe porque o podes colocar sobre o colo e comer enriba del sen medo a que traspase a graxa ou o aceite dos bocatas.
Lávase na lavadora e é reusable polo que é moito mellor que usar plásticos e bolsas.
Podedes mercalo nesta tenda online e tamén ver cómo funciona, que cores hai dispoñibles, etc.
Aquí vos deixo unha foto de cómo queda co bocata "de viaxe" dentro.
Fonte
Receita orixinal miña.
Etiquetas:
bocata,
mazá,
pementos do piquillo,
Platos principais,
queixo,
tomate


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por deixar o teu comentario.
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.