mércores, 3 de decembro de 2014
Malfatti
Ingredientes
110 gr de copos de avea fina
1 ovo
5 culleradas sopeiras de bebida de avea
sal ao gusto
1 cebolleta
40 gr de piñóns
2 culleradas sopeiras de aceite de oliva
150 gr de follas de rúcula e 150 gr de follas de canónigos
Elaboración
1) Bater o ovo con dúas pizcas de sal mariña e engadir a bebida de avea. Mesturar ben ata que quede unha mestura pastosa pero non seca.
2) Cunha culleriña facer pequenas boliñas e botalas nunha ola con auga fervendo cun chisco de sal. Deixalas ferver 2 minutos.
3) Picar a cebolleta en toros e nunha tixola quentar o aceite. Incorporar a cebolleta e os piñóns durante 3 minutos.
4) Pasados os 3 minutos incorporar as follas de rúcula e canónigos e saltear 1 minuto.
5) Agregar as boliñas de avea (escoadas) e saltear todo xunto. Pódese engadir un chorriño de sasa de soia.
Notas
Eu ás veces fago este prato só con canónigos porque a rúcula ás veces resúltame moi forte de sabor.
Hai que saltear moi pouco as follas porque coa calor enseguida se espapuxan.
Se só hai avea gorda, pódese triturar coa Thermomix para facela finiña.
Fonte
Receita orixinal: algunha revista de Cociña Vexetariana.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por deixar o teu comentario.
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.