xoves, 2 de outubro de 2014

Gofres de avena



 

Ingredientes
Para 2 persoas

2 tazas de avea gorda
1 taza e media de auga
2 culleres sopeiras de sirope de ágave
1/2 culler de postre de sal
unha culler de postre de canela (opcional)
un chisco de xenxibre en pó (opcional)


Elaboración

1)  Poñer no vaso da Thermomix a avea, a auga, o sirope, o sal, a canela e o xenxibre. Triturar todo programando 30 segundos, velocidade 8. Deixar reposar esta mestura 15 minutos.

2) Pintra a gofrera cun pouco de aceite. Poñela a quencer e cando estea lista, verter tres cucharas da mestura no centro da gofrera. Pechala e agardar 3 minutos co selector de temperatura ao 4.

3) Retirar o gofre da gofrera e poñerlle por riba foitas, froitos secos, marmelada, mel; etc.


Notas

Se tras deixar reposar a mestura 15 minutos queda moi espesa, pódeselle botar un pouco máis de auga.

A avea ten glute e non sirve para os celíacos. Hai ue buscar unha avea especial que non ten glute.


Fonte

Receita orixinal: Dimensión vegana

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.