xoves, 18 de setembro de 2014

Boliños de maiz e arroz



Graciñas a Kike de Couzadoiro que me trouxo unha fantástica fariña de maíz ecolóxico para facer estes boliños.
 
Ingredientes

120 gr de fariña de arroz
120 gr de fariña de maíz
1/2 culler de postre de bicarbonato de sodio
1/2 culler de postre de sal
2 culleres sopeiras de lino moído ou chía
1/2 culler de postre de zume de limón
360 ml de auga
aceite de oliva
sementes de amapola, sésamo, etc.


Elaboración

1) Prequencer o forno a 230 graos e poñer una papel de forno sobre a bandexa do forno que usaremos para colocar os boliños.

2)  Mesturar todos os ingredientes secos nun bol.

3)  Noutro bol, mesturar o aceite co zume de limón e o liño ou chía coa auga. Mesturar e deixar repousar.

4) Pasados 10 minutos, ir agregando a mestura de ingredientes secos á mestura líquida.

5) Darlle forma aos boliño e colocalos sobre o papel de forno na bandexa do forno.

6) Pintar cada boliño por riba cun chisco de aceite e espolvorexar unhas poucas sementes de amapola/sésamo/etc.

7) Meter no forno durante aproximadamente 15 minutos.


Notas

Quedan brandos por dentro e duros por fóra.

Van xenial para abrilos pola metade e meterlles marmeladas ou queixo.

A mestura das masas pódese facer en Thermomix.

Aguantan moi ben o paso dos días. Non perden frescura.


Fonte


Receita orixinal: Más allá del gluten

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.