venres, 8 de agosto de 2014

Parmesano vegano






Ingredientes 

150 gr de anacardos sen tostar e sen sal.
4 culleres sopeiras de levadura de cervexa
1 culler de postre de sal marina fina
1 culler de postre de allo en pó


Elaboración

1) Introducir todos os ingredientes na procesadora (eu uso a Thermomix) e triturar ata que teña o aspecto de queixo relado.


Notas

Non triturar durante moito tempo porque senón coa calor da Thermomix e o procesado, os anacardos comezan a botar aceite e queda unha pasta en troques de quedar coa textura dun queixo en pó.

Pódese facer tamén unha versión parecida con esta outra receita de Dimensión vegana tamén moi rica: ver receita.


Fonte

Receita orixinal: Danza de Fogones

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.