martes, 13 de maio de 2014

Salsa boloñesa vegana deliciosa


Ingredientes
Para 1 kilo e 500 gramos de salsa

65 ml de aceite de oliva + outros 65 ml de aceite a maiores

1 cebola picada moi fina
2 tallos de apio picados finos
1 cenoria relada fina
2 tazas de soia texturizada fina
65 ml de viño branco
1 lata grande de tomate natural triturado (aprox 500 gramos)
200 ml de auga
Sal gorda
Pementa negra




Elaboración

1) Pochar a cebola, o apio e a cenoria na tixola a lume forte nos 65 ml de aceite. Cociñar durante 8 minutos ata que queden brandas.

2) Aos 8 minutos engadir os 65 ml de aceite de oliva restantes. Freir 1 minuto máis.

3) Agregar 2 tazas de soia texturizada e mesturar todo durante 2 ou 3 minutos a lume forte.

4) Engadir o viño branco e deixar que se evapore.

5) Engadir o tomate natural triturado e un bo puado de sal (un puñado enteiro que colle na palma da man)

6) Engadir media culler de pementa negra e agregar a auga.

7) Cocer a lume baixo durante 1 hora removendo cada pouco para que non se pegue.

8) Servir se se quere agregándolle un pouco de ourego por riba.


Notas

Acompaña perfectamente espaguettis ou para recheo de unha lasaña.

Consérvase case unha semana na neveira.

Pódese conxelar.

Para "adobala" pódese usar tamén albahaca fresca ou loureiro. 


Fonte

Receita orixinal: Dimensión vegana



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.