domingo, 11 de maio de 2014

Construción dun forno de barro (arcilla)





Cómo fixemos para construir o noso forno de leña


Paso 1) Planificación e materiais

Botellas de cristal sen tapón
Para facer o mortero natural: arcilla e palla
Para o arco: ladrillos e area
Xornais
Cartón duro para facer o molde da porta
ladrillos refractarios (mínimo 18 e de 16 pulgadas de alto)
ladrillos (serían para o arco, mínimo 12)
Pau de 40 cm para medir o alto da bóveda

Opcional: caca de vaca ou cabalo seca

Paso 2) Base

- O forno terá 60 centímetros de diámetro así qeu hai que calcular o diámetro da base para que sexa maior.

- Sobre a base colocar unha capa grosa de mortero ntural (arcilla e palla)  e deixar un reborde resaltado  para que dentro se podan colocar as botellas de cristal que funcionarán como aillante.

- Cubrir os ocos que quedan entre os cristais con morteiro natural (palla e arcilla) de modo que quede unha base plana e sólida para formar sobre ela a cúpula do forno. Comprobar que a base está máis ou menos nivelada.

- A base que vai antes das botellas debe ter un grosor de 5 centímetros aproximadamente.

- Para facer a mestura de palla e arcilla, nós agregamos metade e metade.



Paso 3) Colocar os ladrillos refractarios

- Colocar tres filas de cinco ladrillos refractarios dende a porta. Na última fila colocar 3. Os ladrillos frontais teñen que ir onde irá a porta. No noso caso, como non nos daban moito as contas fixemos o seguinte: 5 diante + (6 +6 na parte central) + 2 na parte traseira


-Trazar unha circunferencia sobre os ladrillos de 60 cm de diámetro que será o que ten que ocupar o molde do forno.


Paso 4) Arco

- Facer un molde cor cartón duro en forma de arco cun ábside de 25 cm de altura. 

- Formar un arco cos ladrillos e unilos cunha mestura de area e arcilla apoiando os bordes sobre os ladrillos refractarios.

- A area que usamos é area normal mercada.

Atención a Bora, supervisando a obra dende a súa cama. Non perdeu detalle de todo o proceso.



Paso 5) Bóveda

- Con area mollada facer a forma de cúpula que servirá como molde usando como referencia un pau chantado no centro que mida 40 cm que será o alto da bóveda.
 
- Cubrir a area con papel de xornal mollado.

- Cubrir o molde con mortero natural (area e arcilla en proporción 3/1) polo menos cunha capa de 10 cm de espesor.

- Cando a mestura de area e arcilla estea dura, retirar a area pola porta do forno.

- Aillar de novo cunha capa de arcilla e palla de entre 5 e 10 centímetros. Rodear todo o forno con esta mestura.

- Unha vez seca, cubrir cunha última capa de arcilla para conseguir unha capa suave e lisa.


Paso 6) Secado

- Antes de encencer o forno por vez primeira, hai que deixar que o forno seque durante 2 días (se fai calor). Cada día hai que pulverizar a superficie con auga para que non seque moi rápido e non faga grietas.

- Se fai grietas, mollar a superficie e agregar máis arcilla. Nós para non ter que facer arcilla cad vez que tiñamos unha grieta mercamos un bloque de arcilla húmida.

- Pasados os 2 días, hai que empezar a prender lume dentro do forno durante 15 minutos cada día.


Paso 7) Porta e cuberta

- A porta fixémola a medida usando o molde de cartón que utilizamos para facer o arco. Fíxonola Carpintería Kiko en Ortigueira en madeira.

- Este forno non pode estar á intemperie. Nós cubrímolo cun caixón de madeira a medida do noso terreo que nos fixeron os de Madera y Jardín . Na parte de arriba puxémoslle un caixón que forramos con tela asfáltica e ao que lle puxemos un drenaxe cun tubo e un furado para que evacuase a auga pola parte de atráis. Nese caixón botamos substrato e plantamos brezo de diferentes cores (violeta, rosa e branco).



Observacións sobre o funcionamento

a) Para quencer o forno, a porta ten que estar aberta para que entre o aire fresco e saia pola parte superior da porta o fume.

b) A un forno como este lévalle uns 40-50 minutos quentar para poder cocer.

c) Para cocer, hai que deixar dentro do forno brasas arrimadas ás paredes, para que se aguante máis tempo a temperatura.

d) Primeiro débense meter aqueles alimentos que precisen de temperaturas moi altas como as pizzas. Despois cousas que requiran menos calor como o pan ou as castañas. 

e) A primeira pizza faise en 3 minutos escasos.

f) Para usar a porta de madeira, pola parte de dentro hai que poñerlle un pano humedecido para que non se queime moito e para que selle mellor xa que  o arco, ao ser feito a man non é perfecto e a porta non encaixa ao 100%. Con este sistema, queda moi ben selado e case non escapa a calor. Coidado ao abrir a porta despois de meter a primeira pìzza, porque sae moita calor e queima.


Notas de costes
(pendente de revisión)

15 sacos de SRL polvo (5 €/saco) = 75 €
Sacos de area =
Ladrillos refractarios:
Llana =





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.