domingo, 9 de febreiro de 2014

Arepas




Ingredientes

180gr de fariña de maiz precocida para arepas P.A.N.
300gr de agua
Un chisco de sal


Elaboración

1) Poñer todos os ingredientes no vaso e mesturar 20 segundos en velocidade 6. A masa quedará esparexida polas paredes do vaso. Baixala e sacala do vaso.


2) Coas mans húmidas formar bolas de 48 gr máis ou menos e aplastalas deixándoas dun grosor de 1 centímetro e medio máis ou menos.



3) Fritilas polas dúas caras nunha tixola con aceite e deixalas secar nun papel absorvente.


Notas

Aptas para celíacos.

Se se queren facer máis lixeiras, pódense marcar un pouco na plancha con pouco aceite e despois poden ir ao forno durante 15 minutos a 180º. 

Como recheo pódese usar por exemplo guacamole.


Fonte

Receita orixinal: Velocidad cuchara




2 comentarios:

Anónimo dixo...

Están moi ricas e pódense rechear co que mais lle guste a cada un. Tamén se poden facer na barbacoa simplemente para acompañar o churrasquiño.

Noa dixo...

Pois si, pero o churrasquiño que sexa vexetariano ou vegano. Aquí hai algunhas ideas: http://www.dimensionvegana.com/tag/churrascos-de-seitan/

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.