luns, 9 de setembro de 2013

Maionesa de cenoria



Ingredientes

50 g de cenoria crúa
1/4 taza de aceite de oliva
1 dente de allo
1/4 culler de postre de sal
zume de 1/2 limón


Elaboración

1) Cocer as cenorias ao vapor (15 minutos aproximadamente). Unha vez cocinas deixalas enfriar un pouco.

2) Mesturar na batedora/thermomix as cenorias co resto de ingredientes ata emulsionar.


Notas

Non se pode conxelar.

Pódese servir como maionesa para untar nunha hambuerguesa, un bocata, etc, ou ben pode servir de crema para mollar verduras en plan entrante. 


Fonte

Receita orixinal: La dimensión vegana



1 comentario:

Anónimo dixo...

Esta muy rica para untar en pan casero.

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.