xoves, 26 de setembro de 2013

Galletas de avea australianas





Ingredientes

100 gr de copos de avea
100 gr de fariña de avea (avea moída)
4 culleres sopeiras de coco relado
4 culleres sopeiras de aceite de oliva
4 culleres sopeiras de sirope de ágave
1 culler sopeira de auga
1 culler de postre de bicarbonato sódico


Elaboración

1) Prequencer o forno a 190 graos.

2) Mesturar a avea, a fariña, o coco relado e o bicarbonato.

3) Engadirlle o aceite, o sirope de ágave e a auga. Mesturar ben.

4) Coller porcións da masa para formar galletas coa forma que queiramos e de 1 cm de grosor máis ou menos.

5) Meter no forno prequencido durante 12 minutos con aire e a 190º C, ata que queden douradas e cruxintes.


Notas

Queda mellor se non as aplastamos moito coa man. Para elo podemos usar un aro de emplatar.

Pódeselles engadir noces e avelás picadas.


Fonte 

Receita orixinal: Cocina de Nihacc




2 comentarios:

Elisa dixo...

Voume poñer a facer as galletiñas. Xa che contarei como saíron.

Elisa dixo...

Saíron espectaculares. Volvinas facer e dinlles un toque persoal: améndoas moi picadiñas.

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.