xoves, 25 de xullo de 2013

Crocante de mazá




Ingredientes

100 g de fariña de trigo
100 g de azucre moreno
100 g de fariña de améndoa (améndoas moídas finas)
100 g de margarina vexetal
1 culler de postre de sal
5 mazás golden
1 culler de postre de canela
2 limóns




Elaboración

1) Pelar e cortar as mazás en dados e poñelas nunha bandexa (apta para o forno) cubertas co zume dos limóns e a canela.

2) Nun bol, mesturar as fariñas de trigo e améndoas, o azucre, a margarina e o sal.

3) Relar a masa resultante sobre a fonte na que temos as mazás. Para relar podemos usar un relador normal.

4) Meter todo no forno a 180º ata que a superficie comece a dourarse.


Notas

A fariña de améndoas pódese facer coa Thermomix, triturando améndoas crúas.

Pódese facer tamén cunha mestura de mazá e pera, ou mazá e cirolas pasas.


Fonte

Receita orixinal: Delicias veganas de Toni Rodríguez


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Vouche seguindo a pista e copiando algunhas receitas :)
Moitas grazas por compartilas!
Bea

Noa dixo...

De nada! Aquí gustanos moito cociñar, así que todo o que podamos compartir, compartirémolo. Xa me comentou Basi que che gustaría meter máis verduras nas comidas, así qeu xa sabes, se tes interés por algunha en especial dimo e doulle prioridade a receitas que leven ese ingrediente.

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.