mércores, 5 de xuño de 2013

Magdalenas con copete


As magdalenas son todo un clásico polo que todo o mundo me pregunta. Eu pasei tamén moito tempo buscando receitas e trucos para que ás miñas magdalenas lles saíse o famoso copete. Esta receita recolle o truco que a min me funciona e os ingredientes base necesarios para facer unhas ricas magdalenas



Ingredientes

188 g de ovos (máis ou menos 4 ovos medianos)
265 g de azucre
2 culleres de café de mel
90 ml de leite enteiro
285 ml de aceite de xirasol
315 g de fariña de repostería
8 g de levadura en pó (Royal)
Reladura dunha laranxa
Unha pizca de sal


Elaboración

1) Bater os ovos co azucre ata que queden ben mesturados e a mestura colla algo de volumen.

2) Continuar engadindo o leite, o aceite, o mel  e a reladura de laranxa sen deixar de bater.

3) Noutro bol mesturar a fariña coa levadura e coa sal.

4) Unificar ambas mesturas.

5) Tapar a mestura e metela na neveira. Chegados a este punto podemos deixar esta mestura toda a noite na neveira e meter ao forno as magdalenas pola mañá ou podemos deixar a mestura na neveira 30 minutos e metelas xa ao forno.

6) Prequencer o forno a 250 graos con calor arriba e abaixo e sen ventilador.

7) Encher os moldes de magdalenas coa mestura (non máis de 3/4 partes) e meter no forno. Ao meter as magdalenas, baixaremos a temperatura do forno a 210 graos e teremos as magdalenas uns 15 minutos.


Fonte

Receita orixinal: menu-cocinadecasa

1 comentario:

Unknown dixo...

Hice estas madalenas con un poquito de harina de algarroba y quedaron riquisimas, unas las hice minis para mis nietos. Carmen

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.