xoves, 13 de xuño de 2013

Medias lúas veganas


Ingredientes

Para unhas 12 unidades

 2 culleres de postre e 1/4 de levadura de panadería (vale tanto fresca como en pó)
1/4 de taza de auga tépeda (37-43ºC)
1/2 taza de leite de soia tépeda (37-43ºC)
1 cullerada sopeira de azucre
2 tazas de fariña de forza
1/2 culler de café de sal
4 culleradas sopeiras de margarina vexetal a temperatura ambiente (+ 1 cullerada máis para pincelar as mediaslúas)




Elaboración

1) Poñer nun bol a levadura, a auga, o leite de soia e o azucre e mesturar. Deixar repousar 5 minutos.

2) Engade a fariña, o sal e mesturar.

3) Engadir a margarina á masa e amasar constantemente.

4) Sacar a masa a unha superficie enfariñada e amasar durante 2 minutos. Ten que quedar unha masa húmida e elástica. Pasar a masa a un bol e deixar levedar 45 minutos.


5) Volver pasar a masa a unha superficie enfariñada e presionar a masa coas mans para darlle forma de círculo e finalizar estirando cun rodillo ata formar un círculo homoxéneo e liso duns 25-26 cm de diámetro.


6) Cortar a masa en 12 triángulos, como se fose unha pizza.


7) Enroscar cada triángulo empezando pola parte ancha e rematando pola punta. Unha vez enroscados, curvar lixeiramente o rolo cara adentro (con forma de media lúa) e colocar nunha bandexa de forno con bastante separación entre cada media lúa.


8) Prequencer o forno a 205 graos e cubrir as medias lúas cun pano e deixar que crezan durante 20 minutos.




9) Meter no forno durante 14 - 18 minutos. Sacalas cando a superficie estea dourada.

10) Coas medias lúas aínda templadas, pincelar con 1 cullerada de margarina vexetal derretida. Cando arrefríen de todo, tamén se poden pincelar cunha capa de azucre glas con auga.


 Notas

Para que saian  12 medias lúas, cortar a masa en cruz e cada un dos catro triángulos grandes en 3 partes.

Tamén se poden bañar as media lúas en chocolate unha vez frías: fundir 80 g de chocolate con 15 g de leite de soia e cunha cullerada sopeira de azucre glas. Deixar que se solidifique sobre papel para forno (e preferiblemente sobre unha superficie lisa e fría como unha encimeira de mármore).


Fonte

Receita orixinal: CreatiVegan

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.