mércores, 12 de xuño de 2013

Arroz con froitos secos




Ingredientes

100 g de arroz (tipo basmati, jazmín, etc.)
50 g de piñóns
50 g de noces
50 g de pasas
Aceite de oliva
Pementa branca
Sal



Elaboración

1) Lavar o arroz para quitarlle un pouco de almidón.

2) Cocer o arroz en auga fervendo durante aproximadamente 20 minutos.

3) Nunha tixola cun chisco de aceite, freír os piñóns e as pasas. Escoar o arroz e engadilo á tixola cando os piñóns xa teñan cor.

4) Servilo poñendo por riba as noces e aliñando con aceite, pementa e sal.


Notas

Este plato está especialmente indicado para comer antes das competicións deportivas xa que evita as cambre ao ter un alto contido en magnesio e potasio. 


Fonte

Receita orixinal: El cocinero fiel

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por deixar o teu comentario.

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.